Thursday 02 de May de 2024

A Pobra achégano-lo folclore galego no 7 de maio co festival Miña nai, miña naiciña


Coincidindo co Día da Nai que se celebra no primeiro domingo do mes de maio, a Asociación de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios Caramiñas programa o festival Miña nai, miña naiciña, coa colaboración da Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal.

Esta xornada de canto, baile e música tradicional da Escola de Baile e Pandeireta Caramiñas terá lugar no día 7, ás 19.30 horas, no teatro cine Elma.

A entrada é libre ata completa-la cabida.